Carrito
Non hai máis artigos no teu carro
Vimianzo apenas ten costa e carece de frota pesqueira, pero presume xa de ser o primeiro municipio e, de momento único na provincia, que comercializa as súas augas de mar. A innovadora idea partiu de dous emprendedores locais, Bruno Carballo e Ricardo Canosa que, desde hai unhas semanas, distribúen Brétema, a marca coa que bautizaron a auga mariña que captan no coido de Sabadelle, a única saída ao océano do Concello de Vimianzo.