Coido de Sabadelle S.L.

Sabadelle é un pequeno descanso no medio dos cantís da perigosa Costa da Morte de Galicia e está considerada a xanela ao mar de Vimianzo, lugar onde esta terra toca as bravas augas do Atlántico

A súa situación estratéxica e privilexiada fraguou o nacemento e xerme de  Coido de Sabadelle SL. unha empresa nova na que se  aúnan tres conceptos fundamentais:

  • A incomparable gastronomía de Vimianzo, que ten os seus cimentos na época castrexa e medieval. 
  • O aprecio e respecto polo medio natural, cuxas características xeográficas e climatolóxicas sustentan a calidade dos ingredientes da nosa cociña.
  • O I+D+i, enfocado ao estudo para a incorporación de compoñentes naturais e métodos culinarios que fuxan do artificio, potencien o sabor das receitas de sempre e sexan a base de novos pratos na cociña contemporánea.

Desde a súa sede en Vimianzo, A Coruña, Coido de Sabadelle ten como misión achegar á túa cociña todo o sabor da Costa da Morte a través dos seus produtos de Auga de Mar. 

Usamos cookies propias e de terceiros para poder recompilar estatísticas sobre o tráfico e o volume de visitas ao noso sitio web.

Máis información sobre a nosa política de cookies aquí. Podes aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar".