Pago seguro
As compras dos produtos e servizos de augasdemar.com poderán pagarse con tarxeta de crédito ou debito, mediante transferencia bancaria na conta que se indica no sistema ou usando PayPal.
No caso de que vostede queira abonar a súa compra mediante tarxeta de crédito, seralle solicitada a seguinte información, unha vez se atope dentro do servidor seguro do sistema de pago electrónico:
- Número da tarxeta
- Data de caducidade
- Código de seguridade (tres díxitos que atopará na parte posterior da súa tarxeta)
Como sistema de pago electrónico, augasdemar.com está adscrito á pasarela de pago de comercio electrónico de CaixaBank. Todos os seus datos viaxarán cifrados e sobre un servidor seguro SSL ( Security Socket Layers) do sistema de pago seguro de CaixaBank, o que garante que nin os propietarios deste comercio virtual nin terceiras persoas terán acceso aos seus datos bancarios, nin da tarxeta de crédito.
Unha vez introducidos os datos, a entidade bancaria validará a súa tarxeta de crédito e procederá á cobranza. Nese momento o pedido será efectivo e procederase ao seu proceso e envío.