A auga de Mar Brétema procede do cantil litoral da Costa da Morte, cuxas temperaturas baixas e correntes provenientes do Atlántico Norte Central achegan a estas augas características únicas, facendo que Galicia sexa unha das zonas mariñas máis ricas do mundo.
As nosas augas móvense formando un circuíto en dúas capas. A capa superficial sae das rías, polo que achega a auga dos ríos, con menor densidade e maior temperatura, mentres que a capa inferior entra polo fondo máis fría e con maior salinidade.
Estas condicións exclusivas fan que a auga de Mar Brétema sirva como gran achega de elementos como: hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, magnesio, manganeso, sodio, potasio, calcio, ferro, fósforo, flúor, sílice e iodo, que permitirán a absorción das vitaminas imprescindibles nos procesos encimáticos das células, cos consecuentes beneficios para a saúde das persoas consumidoras.